Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A ABALA-LA PEDRA - Blog do Grupo Vocal "Virxe da Barca" de Muxía (A Coruña)
Blog do Grupo Vocal "Virxe da Barca" de Muxía (A Coruña)

07/07/2009 GMT 1

Participamos no "Luar"

directora @ 21:42

No programa da TVG "Luar", xa sabedes, o programa máis senlleiro de todos cantos hai na nosa televisión organizaron un concurso de corais que leva por título "Cantares Galegos"e a nosa Coral foi seleccionada para participar de entre un total de 14 de toda Galicia.

Cada semana compiten dúas cantando unha peza popular que o programa fixa e nos dá a coñecer uns dez días antes a actuación e a nós tocounos compartir nervios e escenario coa Coral "Xolda" de Lugo e cantar entre as dúas "Catro vellos mariñeiros".

E así foi que, cun arreglo da nosa directora sobre a partitura tradicional tivemos a sorte de acadar maior puntuación que os amigos e amigas de Lugo.

Nós quedamos moi satisfeitos da nosa actuación e por iso atrevémonos a deixarvos aquí o enlace para que podades visionala e opinedes por conta propia. E tranquis, que ao pouco de comezar o vídeo do programa, xa saímos "á palestra", así que é moi doado localizar a actuación.

Temos que lamentar que non pasamos á seguinte fase do concurso porque só o fixeron as 8 corais de maior puntuación e... adiviñade quen era a novena!! Pois si, quedamos ás portas ... e por unha soa décima!!  Pero en fin, con iso xa non soñabamos, foi un honor poder vivir esa experiencia e cremos que realizamos unha actuación moi digna. Mesmo hai quen nos di que mereciamos máis puntuación!!

Graciñas a todos os que nos fixeron chegar comentarios así de amables trala nosa "estrea televisiva" e en xeral a todo o pobo de Muxía que sabemos estivo moi pendiente do "Luar" esa noite.

Tamén deixamos un enlace ao artigo no que "La Voz de Galicia"recollía a nosa participación na TVG porque conta cunha foto do fotógrafo Xesús Búa que vos pode gustar ver.

Gravación do programa "Luar" do 24 de Abril no que participamos en "Cantares Galegos".

http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=07/07/2009%2021:34:00&fecha=24/04/2009&arquivo=1&programa=LUAR&id_programa=25

Artigo de "La Voz de Galicia"

http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/04/25/0003_7674876.htm

03/09/2008 GMT 1

INTENCIÓNS DO NOVENARIO

directora @ 19:45

Como vén sendo tradicional D. Manuel, como párroco de Muxía, establece as intencións polas que se aplicará cada misa do novenario, e, segundo nos informa, as de este ano son as seguintes:

Día 1º: Xoves, 4 de Setembro, polos nenos.

Día 2º: Venres, 5 de Setembro, polos gobernantes.

Día 3º: Sábado, 6 de Setembro, polos mariñeiros.

Día 4º: Domingo, 7 de Setembro, polas familias. 

Día 5º: Luns, 8 de Setembro, pola mocidade.

Día 6º: Martes, 9 de Setembro, polos traballadores do campo.

Día 7º: Mércores, 10 de Setembro, pola paz.

Día 8º: Xoves, 11 de Setembro, polas vocacións.

Día 9º: Venres, 12 de Setembro, polos colaboradores do Santuario.

HORARIO DO NOVENARIO

directora @ 19:37

Todos os días da novena haberá misa rezada ás 9 da mañá e misa cantada pola nosa coral ás 7 da tarde.

Coméntanos o Sr. Cura Párroco, D. Manuel, que durante a novena haberá días nas que se celebre misa tamén ás 6 da tarde, sobre todo na fin de semana dada a gran afluencia de romeiros que soe haber.

02/09/2008 GMT 1

COA VIRXE DA BARCA, UN ANO MÁIS

directora @ 23:37

SANTUARIO DA VIRXE DA BARCA 

Mañá, día 4 de setembro de 2008 comezará unha nova novena da Barca, e, como vén sendo tradicional dende a nosa formación, hai xa 8 anos, acompañaremos á Virxe nas misas que na súa honra se celebrarán dentro do novenario así como na liturxia solemne do sábado, domingo e luns da Barca, cuestión esta que nos enche de orgullo e ledicia.
Este ano, como novidade, estreamos este blog para tirar das novas tecnoloxías e das ferramentas que están ao noso alcance para espallar información e ofrecer a nosa labor a quenquera que sexa estea onde estea.
Que a Virxe da Barca vos garde a todos e a todas!!

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis